Na actualidade, a comunicación nos diversos idiomas é de vital importancia para calquera empresa, debido á globalización na que estamos inmersos. Para iso existe a nosa empresa: Traducciones NYS, unha empresa que conta cun grupo de tradutores xurados acreditados, tradutores técnicos, tradutores audiovisuais e tradutores literarios especializados en diversos idiomas: español, galego, francés, inglés…

As nosas titulacións acredítannos para satisfacer todas as súas necesidades tradutolóxicas.

O importante das nosas traducións é o empeño que pomos para a súa elaboración, deste xeito conseguimos acabar cos obstáculos que provocan os diferentes idiomas.

O noso obxectivo é ofrecer servizos de calidade, baseados na nosa experiencia e profesionalidade.

 

 

En Traducciones NYS .cumprimos con dous tipos de calidades:

Unha correcta transferencia de contido do texto orixe cara ao texto meta.

Unha correcta elección de aspectos fundamentais como a terminoloxía, o vocabulario, as expresións, os tecnicismos e as xergas específicas de cada sector e profesión na lingua meta.

Un emprego axeitado da gramática, da ortografía, da puntuación e da sintaxe, así como a correcta transcrición de datas, nomes, datos… na lingua meta.

Unha adecuación do estilo e das formas da linguaxe segundo as finalidades do texto e a intención do seu autor.

Rapidez e precisión nas respostas dadas ás consultas expostas polos clientes.

Cumprimento dos prazos e requisitos de entrega.

 

Sabemos que os documentos que nos encomendan para traducir son importantes para a súa empresa xa que pasaron por un proceso de elaboración estrictamente controlado (redactados, revisados e corrixidos por un equipo de profesionais), por esta razón, a nosa empresa comprométese a empregar procedementos de calidade igual de rigorosos á hora de traducilos.

Polo tanto, a nosa filosofía de empresa é sempre a de ofrecer unha tradución que funcione e se adapte ás necesidades da lingua e da cultura á que se vai traducir, co fin de obter os mellores resultados, sempre coa máxima calidade.

Así mesmo, os valores de calidade, lealdade, compromiso e eficacia son a nosa meta. Os nosos profesionais comprométense a cumprir estrictamente os prazos de entrega acordados, garantíndolle ó mesmo tempo a máxima calidade.

Finalmente, só queda por dicir que Traducciones NYS .comprométese cunha tradución só cando se pode garantir unha alta satisfacción co resultado obtido, tanto para o cliente como para o tradutor. Deste xeito, garantimos unha alta calidade e profesionalidade para os seus encargos nun mínimo tempo, ademais do carácter confidencial de todos os documentos e materiais que se empreguen.

traduccionesnys.com © 2010
  INGLÉS   FRANCÉS   ESPAÑOL